A COORDINADORA DE BENESTAR E CONVIVENCIA ESCOLAR


Ola! Son Eva, a Coordinadora de Benestar e Convivencia do CPI Plurilíngüe José García García.

Moitos de vós xa me coñecedes do cole, son profesora de Educación Especial na E.S.O. (axudo aos nenos e nenas con mais dificultades). Este vai a ser o meu sétimo curso en Mende.

Eu tamén comecei os meus estudos en Mende, xa fai moitos anos desde ben pequeniña, con 5 anos.

Parecíame un edificio enorme, con moitos nenos e nenas de moitas idades diferentes. Non existían os patios de xogos que coñecedes hoxe en día. Daquelas tamén tíñamos problemas e conflitos con outros alumnos e alumnas, cos profes e nas nosas casas.

Estou aquí para axudar aos alumnos e alumnas a resolver dúbidas ou conflitos que teñades no cole ou na vosa casa. Os e as profes tamén podedes preguntarme dúbidas e tentarei darvos algunha solución dentro das miñas competencias e posibilidades.

As familias tamén podedes acudir a min se precisades preguntarme cousiñas relacionadas coa convivencia escolar ou o benestar dos vosos fillos e fillas.

Ata falarnos!


O EQUIPO DE MEDIACIÓN ESCOLAR

Salomé (Educación Infantil e Primaria)

 

Cristina (Educación Secundaria Obrigatoria)

María de los Ángeles (Educación Infantil, Primaria e Secundaria).

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN EN CONVIVENCIA ESCOLAR

Silvia (Educación Infantil)

Mario (Educación Primaria)

Alba Janeiro (Educación Secundaria Obrigatoria)

Crea tu propia página web con Webador