RECURSOS EDUCATIVOS PARA AS TITORÍAS

Letra da canción "Micromachismos" de Mucha Pepper para facer un traballo de reflexión nas titorías en conmemoración do 8 de marzo. Nesta canción a súa compositora e cantante fai alusión a esas pequenas situacións que pasan inadvertidas, pero moi cotiáns que seguen a perdurar unha situación de desigualdade social entre homes e mulleres. Poder acceder a canción pinchando nesta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=_Hp5Vcb-h4o


Película dirixida Sarah Gavro do ano 2015 sobre o feito histórico das mulleres sufragistas que loitaron pola igualdade dos dereitos da muller. A película céntrase nas primeiras participantes no movemento británico en favor do sufraxio feminino de finales do século XIX e principios do XX. Recomendable para visionar nas titorías e debater sobre a importancia da conmemotación do 8 de marzo "Día Internacional da Muller traballadora".

Cómic que trata a violencia de xénero dende unha perspectiva moi próxima á realidade do alumnado adolescente e non tan adolescente (Ministerio de Igualdade).

Campaña '#Notepierdas. "Sin libertad no hay amor", posta en marcha pola Consellería de Igualdade e Políticas Sociais, a través do Instituto Andaluz da Muller (IAM) e o Instituto Andaluz da Xuventude (IAJ).

Recomendación de lectura e traballo nas titorías da ESO para traballar a temática do acoso nos centros escolares dunha forma cercana e moi actual. Personaxes que te fan comprender a complexidade da situación e como as veces todos e todas somos partícipes sen ser moi conscientes do momento.

 

RECOMENDACIÓN DESDE A COORDINACIÓN DE BENESTAR E CONVIVENCIA: Unha vez lido e traballado o libro, seleccionar personaxes e parte de textos para realizar unha representación teatral. Esta pode ser exposta de forma adaptada ao resto das etapas educativas (Infantil e Primaria). Podedes atopar o libro na nosa biblioteca escolar.


DOSSIER DE ACTIVIDADES PARA TRABALLAR EN AULAS E TITORÍAS DA ESO


EU NON QUERO SER PRÍNCIPE, EU NON QUERO SER PRINCESA...

TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER CUN TOQUE DE HUMOR E CRÍTICA AOS ESTEREOTIPOS SOCIAIS. POR UNHA IGUALDADE REAL PARA TOD@S!


RECURSOS AUDIOVUAIS E EN PDF PARA TRABALLAR O 8 DE MARZO NAS TITORÍAS