OS NOSOS TRABALLOS

Benvido á galería informativa onde poderás ter información, ver imaxes e videos sobre as actividades que se realizan e propoñen desde o equipo de dinamización de Convivencia e Benestar de Mende.

MAIO 2025 "ORGULLO MENDE": MES DE VISIBILIDADE DA IGUALDADE DE TRATO E A NON DISCRIMINACIÓN DAS PERSOAS LGTBIQ+

Durante o mes de maio deste ano, no noso centro faremos varias actividades para conmemorar as celebracións internacionais de igualdade de trato e non discriminación das persoas LGTBIQ+. Contaremos con Obradoiros levados a cabo pola nosa compañeira Gloria Vega durante os recreos denominados "Faladoiros cuir" para aclarar e plantexar calquera dúbida do noso alumnado sobre esta temática (mais información nos cartazos do taboleiro de Benestar). Tamén se elaborará un rincón LGTBIQ+ na Biblioteca con suxerencias de literatura e audiovisuais que recollemos no documento aquí publicado, así como outras cousiñas que iremos avanzando na WEB. Estade ben atentos e atentas ás novidades!

FEMINTROIDO

CONMEMORACIÓN PARA O 8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este ano queremos celebrar o entroido dunha maneira especial. Conmemorando o día internacional da muller disfrazádonos de mulleres que fixeron feitos históricos e relevantes nao devenir da humanidade. O alumnado de secundaria poderá participar no concurso de disfraces e comparsas que se celebrará o venres 28 de febreiro nas dúas últimas horas da mañá (horario a determinar polo Xefatura de Estudos). O cartazo e as bases podedes consultalas nestes documentos:

ALGUNHAS IDEAS PARA O FEMINTROIDO NAS TITORÍAS

AMELIA EARHART

Roupa:

Chaqueta marrón de coiro ou polipel.

Camisola blanca

Pantalón gris

Casco e gafas de aviador antigo

 

Complementos:

Avión de cartón ou mando de avión.

CLEOPATRA

Roupa:

Vestido branco longo con cinturón dourado e detalles dourados

Colar con pedras grandes e chamativas

Perruca pelo negro e longo

 

Complementos:

Pedras de decoración

Coroa feita a man

Maquillaxe característico.

MARIE CURIE

Roupa:

Vestido negro largo

 

Complementos

Pipetas e probetas

Taboa de elementos químicos destacando o Polonio e o Radio.

FRIDA KALHO

Roupa:

Vestido longo amarelo ou floreado

Chaqueta ou chal negro

 

Complementos:

Flores 

Colares grandes e chamativos

Pendentes grandes

Maquillaxe característico.

MULLERES SUFRAXISTAS

Roupa:

Vestidos negros longos ou faltas con chaqueta negra

Sombreiros de ala ancha

 

Complementos:

Cartazos e bandas reivindicativas. 

TERESA DE CALCUTA

Vestido ou toga (hábito) blanco con franxas azúis

 

Complementos:

Crucifixo

Biblia

Cama de enfermos 

VALENTINE TERESHKOVA

Traxe astronauta (Casco e mono branco)

 

Complementos:

Detalles do traxe

Cohete espacial

Satélite...

MULLERES TRABALLADORAS 2ª GUERRA MUNDIAL

Roupa:

Mono de traballo azul ou pantalón vaqueiro e camisa vaqueira azúl e pano ou lazo de pelo vermello

 

Complementos:

Cartazo co lema "We can do it!"

RAIÑAS HISTÓRICAS

Dependendo do persoaxe, antigo ou moderno, pódese levar coroa ou como a Raiña Isabel II un grande sombreiro de color lila cun vestido da mesma cor.

 

Complementos:

Collares e aneis mou chamativos dourados ou de pedras grandes. 


SEMANA DE CONCIENCIACIÓN DÍA DA PAZ

(30 DE XANEIRO DE 2025)

Na semana de celebración do Día Día da Paz, o noso alumnado fixo diferentes actividades de concienciación a través das imaxes de Oliviero Toscani (Unha imaxe para a Paz), a recopilación de poemas de escritores e escritoras palestinas que sufriron a guerra en Gaza titulados "Nacerán as oliveiras" (Un poema para a Paz) e a partir desas, a adaptación dunha canción popular co alumnado de Música de nosa compañeira Patricia Gamallo (Unha canción para a Paz) no que cantamos todo o centro no patio principal.  Deixamos aquí os videos resume das actividades realizadas. Podedes ver todos os poemas escritos polos rapaces e rapazas na Biblioteca do noso centro.

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios

SEMANA DE CONCIENCIACIÓN DO 3 DE NOVEMBRO (DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE)


Na semana de celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), o noso alumnado discapacitado quixo dar a coñecer cómo é a súa vida e cómo se sinten como persoas con discapacidade aos seus compañeiros e compañeiras da ESO e 5º/6º de Educación Primaria.

 

Para elo, elaborouse un pequeno video no que se inclúe a visualización da curtametraxe chamada "La rampa". Escrita e dirixida polo director Juanfer Andrés e protagonizada por Lola Lista, alumna da Escola de Educación Especial da Fundación NUMEN, xunto cos actores Laura Lafuente e Enrique Simón. “La rampla” quere concienciar sobre a importancia do transporte adaptado e da accesibilidade nunha cidade como Madrid, xeneralizable a calquera cidade de España e do mundo.

 

Neste video tamén se inclúe o sentir da nosa alumna Arancha (1º ESO) a través dun pequeno discurso que realiza a través do seu comunicador con GRID3 e un vídeo de cómo foi a infancia da nosa alumna Nerea (4º ESO), elaborado por ela mesma, e a cal tamén fala a través co seu comunicador directamente ante o alumando que participou na actividade. Tanto alumnado como profesorado quedou impactado e mostraron moita sensibilidade e curiosidade cas nosas alumnas e foron máis conscientes das dificultades que se atopan as persoas coma elas e que temos ao noso carón e non o vemos. GRAZAS ARANCHA E NEREA POR SER TAN VALENTES E MOSTRARNOS A VOSA MIRADA, A VOSA VOZ E A VOSA VIDA!!

 

Desde a Coordinación de Benestar e Convivencia de Mende tamén queremos agradecer ós titores e titoras das ESO e de 5º e 6º de Educación Primaria por cedernos parte do seu tempo de clases para poder levar esta actividade. Agradecer tamén as profesoras Alba Rodríguez e Salomé Santos por axudar as nosas alumnas a elaborar o seu discurso a través do seu comunicador.  Deixamos por aquí abaixo algunhas cousiñas da actividade.

Charla de concienciación en titorías da ESO e 5º-6º Primaria


Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios

CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO 2025


Actividade de representación do libro "Pepuka e o monstruo que lle levou o sorriso" paro alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Traballos varios de reflexión do alumnado da ESO, Educación Primaria e Educación Especial (murais e biblioteca do centro) elaborados nas aulas en relación á conmemoración do 25 de novmebro.


Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios