Benvido/a o espazo de BENESTAR E CONVIVENCIA ESCOLAR do cole de MENDE
Páxina creada e elaborada por Eva Mónica Martínez Suárez
Coordinadora de Benestar e Convivencia Escolar do CPI Plurilingüe José García García (Ourense)

Durante o curso 2023-2024 regúlase na nosa Comunidade Autónoma, por medio dunha Orde lexislativa, a figura do coordinador/a de Benestar e Convivencia Escolar e desaparece dos centros escolares a antiga figura de responsable de convivencia escolar. Esta figura pretende dar resposta a mellora da coordinación do benestar e protección do alumnado sinalando que, a través da figura da persoa que exerza a dita coordinación nos centros educativos, se establecerán os mecanismos necesarios para unha maior coordinación en materia de educación emocional, de xeito que se converterá nun referente para apoiar o labor do profesorado ante posibles casos de violencia no propio centro ou na súa contorna.

COORDINACIÓN CO EQUIPO DIRECTIVO
- Coordinar o plan de convivencia e colaborar na dinamización xunto coa comisión de convivencia do centro.
- Fomentar o uso de métodos alternativos de resolución pacífica dos conflitos e velar pola incorporación no PAT de contidos relacionados coas habilidades sociais, intelixencia emocional, autoestima, resolución de conflitos, mediación e dinámica de grupos.
- Informar sobre os protocolos de prevención e protección de calquera forma de violencia.
- Promover plans de formación, detección precoz e protección da infancia e adolescencia.
- Promover unha alimentación saudable e nutritiva para todo o alumnado, sobre todo o mais vulnerable.
- Promover a comunicación inmediata por parte do centro educativo dun tratamento ilegal de datos persoais dos menores de idade á Axencia Española de Protección de Datos.
- Identificarse ante a comunidade educativa.

COORDINACIÓN CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
- Promover medidas que garantan o máximo benestar da infancia e a adolescencia.
- Colaborar no deseño e desenvolvemento de programas facilitadores de detección de dificultades de convivencia e de relación.
- Fomentar o respeto polo alumnado con discapacidade e vulnerabilidade.
- Coordinar, de acordo cos protocolos, a intervención por parte dos servizos sociais competentes e comunicalo ás autoridades correspondentes.
- Promover a participación das familias, informándoas e asesorándoas en relación á convivencia democrática e benestar.

COORDINACIÓN CAS ANPAS (FAMILIAS)
- Promover plans de formación en materia de prevención, detección precoz e protección da infancia e a adolescencia.
LOCALIZACIÓN
CONVIVENCIA E BENESTAR DE MENDE
Mende 77, 32004, Ourense, España
Whatsaap: (+34) 684761975
O NOSO INSTRAGRAM
Crea tu propia página web con Webador